en-NL
Trigonometría da muller

Trigonometría da muller

Incluso durmindo podo sentir o vento, as forzas de Coriolis nos polos e o campo magnético do núcleo..
Carmen Castro
Carmen Castro
Language: Galician
eBook (EPUB)
€17.38
€17.38

Synopsis

Daquela, un día calquera arranquei o meu camiño de volta cara atrás partindo da liña do Ecuador cara ao hemisferio norte, e nesa pasaxe, converterme nunha mesturanza de fórmulas e palabras que forman unha aliaxe de metais en estado líquido fundíndose nun crisol e variando de forma. Son ata o de agora, unha muller eventualmente esculpida por acertos e desatinos, sempre moldeada e pulida polo vento. Cando non soño escribo para poder tocar as nubes cos meus dedos sen precisar dunha cadeira. De cando en vez, cítome coa miña nena interior nunha solitaria praia do Atlántico e esperto nunha noite de lúa chea saudándome con perspicacia coa miña adolescencia sensible e profunda cal serea oculta nunha ánfora que habita nos arrecifes de corais. De cotío, muller de rebeldes emocións que se axitan no cráter dun volcán en plena efervescencia, e outros días son musa daqueles poetas que perfilaron a miña silueta e deixaron en min as pegadas que hoxe pisan con firmeza os destios destinos e labirintos que agora trazo. ISBN: 978-84-19840-25-7

About Carmen Castro

Carmen Castro
CARMEN CASTRO DAPENA Silleda, 1969 Unha muller amante das ciencias e das letras. Realizou primeiros estudos en Silleda e licenciuse en os seus Ciencias Quimicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Durante a maior parte da súa vida dedicouse á docencia, e investiu os seus momentos de lecer en ler, escribir e amar as belas emocións que lle inspiran a beleza agochada nos libros, a natureza e a arte; disfrutando sempre coa poesía como unha extensión da alma e unha porta aberta ás emocións. Participou en diversos certames poéticos como o Avelina Valladares e o Eusebio Baleirón, e en diferentes eventos culturais-literarios da súa comarca. Este poemario, Trigonometría da muller, é o seu segundo libro, o primeiro en galego, tras publicar en castelán Una ventana en el alma. Con ambos espera chegar aos corazóns que gusten das sensacións que as palabras poden producir nas nosas vidas.

Product specifications

BindingeBook (EPUB)
LanguageGalician
Publishing dateTuesday, 20 January 2026
Edition1
AuthorCarmen Castro
CategoryLiterature > Poetry